ROIS PREPÁRASE PARA RECIBIR AS SÚAS MAXESTADES REAIS

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rois, en colaboración con SNL da Baña, elaborou dous modelos de carta aos Reis Magos (un para o alumnado de infantil e outro para o de primaria) e mais unha unidade didáctica para que os centros de ensino poidan traballar didacticamente a chegada das súas maxestades reais ao municipio.
Entre as actividades que se propoñen está a elaboración dunha panxoliña en galego coa que os nenos/as deben recibir os paxes reais cando estes vaian recoller as súas cartas.
Pola súa parte, os Reis Magos encargaranse de responder persoalmente todas as cartas recibidas.