CURSO DE PANADERÍA E BOLARÍA NO CONCELLO DE ROIS

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

O Concello de Rois vai ser sede dun curso de panadería e bolería que está enmarcado dentro do proxecto Rede Xiana. Consiste nun proxecto levado a cabo pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no que participan un total de 90 concellos de toda a provincia e que ten como obxectivo fomentar o emprego mellorando a formación e a capacitación profesional das persoas desempregadas.

Este curso está dirixido a persoas desempregadas e ten unha duración de 529 horas. O lugar no que se vai levar a cabo é o Edificio Multiúsos do Concello de Rois.

O proxecto ofrece a posibilidade dun curso de apoio para a obtención do certificado de profesionalidade. Ademais, pon a disposición de todas as persoas participantes un servizo de asesoramento laboral que lle prestará a titorización individualizada e un seguimento personalizado a cada alumno/a.

O proxecto dá unha bolsa de 369,07 euros brutos ao mes, compatible coas axudas ao desemprego, sempre que a suma non supere o 75% do IPREM.

Máis información no Concello ou chamando ao teléfono 981 80 41 09.

O prazo para inscribirse vai do 11 ao 18 de xuño de 2010