Aberto o prazo de matrícula do primeiro curso Celga en liña
Última actualización o Venres, 11 Xuño 2010 17:01
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o primeiro curso Celga 1 en liña orientado á preparación das probas de certificación de lingua galega deste nivel.
O curso está deseñado para ser realizado en trinta horas de aprendizaxe en liña e dispón das máis modernas tecnoloxías para resultar atractivo, ameno e cumprir os obxectivos de acadar o nivel básico de coñecementos de lingua.
Os participantes no curso contarán coa supervisión dun titor, e disporán ademais dun menú de uso persoal con acceso ao correo interno da plataforma para se comunicaren entre eles.

Persoas destinatarias
Esta convocatoria está dirixida a todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en preparar a proba do Celga 1 e que teñan coñecementos informáticos a nivel usuario.
Datas do curso
Do 4 setembro ao 12 de novembro de 2010.
Matrícula
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo Este enderezo de e-mail está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Non será admisible outra forma de inscrición.
Na mensaxe que envíen indicarán:
* Nome e apelidos
* DNI con letra
* Enderezo electrónico e teléfono de contacto
* Lugar de residencia
* Nivel de estudos
Prazo de matrícula
Do 9 de xuño ao 15 de xullo (ambos os dous incluídos).
Criterios de selección
A selección farase por rigorosa orde de matrícula e ata cubrir as 105 persoas que se admitirán nos cursos.
Requisitos técnicos
As persoas solicitantes destes cursos deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
* ordenador con conexión á internet (preferiblemente co navegador Explorer)
* plugin de flash descargado e actualizado (para poder ver as imaxes)
* conta de correo electrónico
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rois ou no teléfono 981804109.