AXUDA A HAITÍ
Última actualización o Xoves, 04 Marzo 2010 22:39
En Haití, o país máis pobre de América Latina, o día 12 de xaneiro do presente ano rexistrouse un forte terremoto cualificado como o maior sismo en douscentos anos. Os efectos causados sobre o país foron devastadores e aínda que o balance definitivo está sen confirmar, xa se conta con miles de persoas mortas e feridas e con gran parte das vivendas destruídas.
Dado o estado ruinoso no que se atopan e a escaseza de servizos básicos, precísase axuda para poder afrontar unha catástrofe desta envergadura. O Concello de Rois solidarízase co pobo haitiano, para o que se abre unha conta bancaria na que de inmediato a corporación municipal ingresará as axudas de custo da asistencia ao pleno ordinario do mes de febreiro.
Así mesmo, todos aqueles veciños e veciñas que queiran prestar a súa axuda poderán facelo nas contas indicadas a continuación. O importe recadado será enviado a través da Cruz Vermella Internacional.
Así mesmo, todos aqueles veciños e veciñas que queiran prestar a súa axuda poderán facelo nas contas indicadas a continuación. O importe recadado será enviado a través da Cruz Vermella Internacional.
|
Entidade |
Nº Conta |
|
CAIXA GALICIA |
2091-0328-51-3040002487 |
|
BANCO PASTOR |
0072-0270-91-0000110375 |
|
BANCO GALEGO |
0046-0017-7300-0200 0916 |

