SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (SNL) DO CONCELLO DE ROIS

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

O Concello de Rois conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL), unha unidade técnica de traballo a disposición de todos os veciños e veciñas. Este servizo nace coa idea de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal: administración, particulares, empresas e asociacións.

Co SNL o Concello de Rois quere amosar o seu compromiso co idioma propio e oficial de Galicia, prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística. Así, a través da galeguización dos seus servizos e botando a andar programas dirixidos ao conxunto da poboación tentará conseguir a implicación de todos os colectivos.

Os obxectivos principais do SNL son:
-incrementar o uso e o prestixio social da lingua
-contribuír á galeguización da administración local
-mellorar a calidade das producións lingüísticas, tanto escritas coma orais

As funcións do SNL divídense en tres eixes fundamentais:

Asesoramento:
-corrixir e traducir textos breves ao galego
-resolver consultas lingüísticas e terminolóxicas
-deseñar modelos de documentos (solicitudes, actas, cartas, invitacións etc)
-informar sobre dereitos e deberes
-informar sobre recursos bibliográficos (dicionarios, manuais, páxinas web etc)
-xestionar subvencións e axudas para impulsar o uso do galego

Formación:
-difundir materiais divulgativos e de apoio (lexislación, glosarios, láminas etc)
-xestionar cursos de lingua galega, xerais e específicos
-colaborar no deseño de programas de formación non lingüística co fin de garantir a presenza do galego

Dinamización:
-desenvolver campañas encamiñadas a promover o uso da lingua galega nas actividades cotiás da cidadanía en todos os ámbitos
-recoller e apoiar as iniciativas que xurdan no concello e que teñan como obxectivo fomentar o uso do galego
-coordinar persoas e entidades do municipio interesadas no proceso de normalización lingüística
-organizar actividades con outros servizos de normalización lingüística

 

Para a creación e mantemento deste Servizo de Normalización Lingüística, o Concello de Rois conta con financiamento da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se ten algunha dúbida ou desexa obter máis información estamos ao seu dispor nas oficinas do Concello (2º andar) en horario de 9.00 a 14.00.
Tamén pode chamarnos ao teléfono 981 804 109 ou enviarnos unha mensaxe ao enderezo Este enderezo de e-mail está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Este servizo creouse en virtude da subvención que a Deputación da Coruña lle concedeu ao Concello de Rois.

 

snl