NOVAS DATAS PARA A REVISIÓN CATASTRAL

Martes, 29 Maio 2018 22:18

novasdatasrevisioncatastral

 

DIVERVERÁN 2018

Venres, 25 Maio 2018 22:25

Para quen?

Para nenos e nenas nacidos/as entre o 2002 e o 2015. Preferencia as persoas censadas no Concello de Rois.

 

Cando?

1ª QUENDA. DO 2 AO 13 DE XULLO . Realizarase en Rois, contando tamén con 2 saídas marcadas para os mércores e un campamento no Galipark do xoves 12 ao venres 13 de xullo (a durmida só para nenos/as a partir de 6 anos).

2ª QUENDA. DO 16 AO 27 DE XULLO (AGÁS O 25 DE XULLO). Realizarase en Urdilde,  contando tamén con 2 saídas e un campamento no Galipark do xoves 26 ao venres 27 de xullo (a durmida só para nenos/as a partir de 6 anos).

O horario tipo será de

  • 7:30h-9.30. Servizo de amencer. Almorzo e/ou xogo libre. O almorzo correrá a cargo de cada familia.
  • 9:30h. Recepción Diververán para tempo libre e saída dos autobuses para as actividades
  • 10:00-14:30h. Actividades específicas
  • 14:30h. Saída dos e das participantes e dos autobuses para o punto de recollida

 

Que prezo ten?

QUENDA

AMENCER

7.30-9.30

AMENCER DÍAS SOLTOS

DIVERVERÁN

CON BUS

DIVERVERÁN SEN BUS
QUINCENA 5€ 1€/DÍA 70€ 60€

 

      DESCONTOS
CONCEPTO DESCONTOS
Familia numerosa e/ou monoparentais 25% da cota
Irmáns /irmás 20% a partir do 2º
Renda per cápita (= ou menor ao 75% IPREM: 403,38) 25 % de desconto
Renda per cápita (= ou menor ao 50% IPREM 268,92 €) 50% de desconto
Matrícula todo o mes con servizo de autobús 120€
Matrícula todo o mes sen servizo de autobús 100€

 

PRAZOS DE MATRICULACIÓN

  • INSCRICIÓN: do 25 de maio ata o 6 de xuño  LOGO DESTA DATA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS
  • LISTAXE PROVISIONAL: 8 de xuño na páxina web (www.concelloderois.org) e no taboleiro do Concello
  • PAGAMENTO: ata o 18 de xuño; entrega de xustificante ata o 20 de xuño
  • LISTAXE DEFINITIVA: 22 de xuño

Descargar ficha de inscrición

Descargar listado DEFINITIVO de nenas e nenos admitidos novo25

 

Ti dás o tipo - Doazón de Sangue

Luns, 28 Maio 2018 22:00

ti das o tipo

   

Programa de Turismo Social do IMSERSO - 2018/19

Luns, 28 Maio 2018 22:04

bando imserso 2018 19

   

REVISIÓN CATASTRAL DO MINISTERIO DE FACENDA

Venres, 11 Maio 2018 22:22

O Ministerio de Facenda e Función Pública acaba de realizar un traballo de campo relativo ao procedemento de REGULARIZACIÓN CATASTRAL.
Con este motivo e para informar as persoas que recibiron unha carta certificada de Catastro sobre este tema, desprazarase ao edificio multiúsos de Rois D. Arturo Calvo Tarrío, persoa contratada polo Concello para resolver as dúbidas xurdidas.

  • Lugar: edificio multiúsos do concello de Rois
  • Días: 16, 18, 21, 22 e 23 de maio de 2018
  • Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.00
   

Aulas de Apoio Educativo

Venres, 04 Maio 2018 23:40

cabecera xunta ue crois

Aulas de apoyo educativo
Operación cofinaciada por la Unión Europea
Programa operativo FSE 2014-2020
Programa complementario de educación y apoyo familiar dirigido a la inclusión social de menores a cargo.

El FSE invierte en tu futuro

Ler máis: Aulas de Apoio Educativo

   

OS 3 Porquiños

Martes, 01 Maio 2018 22:28

O sábado 5 de maio ás 7 da tarde o auditorio municipal contará coa función Os tres porquiños da compañía Educateatro. A actividade encádrase dentro do programa Rois no camiño das letras galegas, promovida polo Concello e Agadic.

A actividade é de balde, tendo que retirar a entrada o vindeiro venres 4 de maio no edificio multiúsos de Rois en horario de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00, ao contar con aforo limitado, así como o propio día da función, media hora antes do comezo da mesma.

cartel 3 porquinhos entradas esgotadas

   

Páxina 2 de 38