Clausura "Abril, mes dos libros"

Luns, 25 Abril 2016 20:49

"O porviso do patín" da Editorial Bailarete foi o libro protagonista da clausura da programación "Abril, mes dos libros" do Concello de Rois, presentación que se fixo cadrar co 23 de abril, día internacional do libro.

Ler máis: Clausura "Abril, mes dos libros"

   

ROIS CONTINÚA A IMPARTIR FORMACIÓN

Sábado, 16 Abril 2016 17:55

Martín del Río, concelleiro de cultura, foi o responsable de abrir esta nova liña formativa na que están a participar máis de 20 persoas adultas de Rois e da contorna: un curso intruductorio á apicultura, que se desenvolverá os sábados 16 e 30 de abril, en xornada de mañá e tarde. O curso é impartido por persoal da Agrupación Apícola de Galicia.

Ler máis: ROIS CONTINÚA A IMPARTIR FORMACIÓN

   

Visita ao Salón do Libro de Pontevedra

Xoves, 14 Abril 2016 16:27

O pasado venres 8 de abril, as e os participantes nas actividades bibliotecarias gozaron coa visita ao Salón do Libro de Pontevedra, nunha tarde única. Papás, mamás e nenos e nenas de 2 meses a 11 anos, acompañados polas responsables bibliotecarias, realizaron unha visita guiada ao Salón e asistiron ao musical trilingüe A Fada Diana, que resultou toda unha satisfacción.

Ler máis: Visita ao Salón do Libro de Pontevedra

   

Nova xuntanza do Club de Lectura da biblioteca de Rois

Martes, 12 Abril 2016 19:06

Abril, mes dos libros, tamén conta unha nova andaina co Club de Lectura. Así almorzaban os nenos e nenas para coller folgos e comezar unha nova aventura, a mans da autora vasca Mariasun Landa e o seu libro "Cuando los gatos se sienten tan solos".

Ler máis: Nova xuntanza do Club de Lectura da biblioteca de Rois

   

O CONCELLO DE ROIS CLAUSURA O CURSO DE INFORMÁTICA DE ADULTOS

Sábado, 19 Marzo 2016 19:00

O pasado 17 de martes, o concelleiro de cultura de Rois, Martín del Río, fixo entrega dos diplomas de participación do curso de iniciación á informática para adultos, que a Concellería puxo en marcha o pasado mes de outubro e que se realizou en dúas quendas de participantes dadas as solicitudes realizadas.

Ler máis: O CONCELLO DE ROIS CLAUSURA O CURSO DE INFORMÁTICA DE ADULTOS

   

MODIFICACION LUGARES PARA ITV DE VEHICULOS AGRICOLAS

Mércores, 24 Febreiro 2016 18:25

aviso modificacion lugares itv agricolas
   

Páxina 9 de 34