AVISO

Martes, 27 Decembro 2016 16:08

Dende o Distrito Forestal IV de Noia avísannos que o xoves 29 de decembro e o xoves 5 de xaneiro non se van dar permisos de corta no Concello de Rois.

As persoas que o necesiten deben dirixirse á oficina do Distrito Forestal IV de Noia (Rúa Pintor Xenaro Carrero 15, baixo).

Máis información no teléfono 881.867.255.

 

CHIOS - TEATRO DA SEMENTE

Mércores, 07 Decembro 2016 17:50

PARA FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS, NON O PERDADES! A CITA, VENRES 16 ÁS 6 DA TARDE NO AUDITORIO MUNICIPAL DE ROIS

cartel chios

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Ler máis: CHIOS - TEATRO DA SEMENTE

 

APROL RURAL 2016

Última actualización o Mércores, 30 Novembro 2016 17:40 Xoves, 10 Novembro 2016 00:00

   

O SÁBADO 3 DE DECEMBRO TES UNHA CITA EN ROIS

Luns, 28 Novembro 2016 17:42

Decembro arranca con teatro. O sábado 3 ás 8 da tarde no auditorio municipal de Rois, temos unha cita con Teatro Ariños e a súa obra, Hoxe non se paga!!

hoxe non se paga

Ler máis: O SÁBADO 3 DE DECEMBRO TES UNHA CITA EN ROIS

   

SÁBADO 19 DE NOVEMBRO. TEATRO EN ROIS

Sábado, 19 Novembro 2016 00:27

O vindeiro sábado 19 temos cita ás 20.00h no auditorio municipal de Rois coa compañía Axóuxere Teatro.

a rua con noria fegatea

Axóuxere Teatro vai representar “A rúa do inferno”, en vez de "Chou mas go on" (por motivos alleos á organización) adaptación ao galego da obra “La calle del infierno” do dramaturgo Antonio Onetti (Sevilla, 1962).

Ler máis: SÁBADO 19 DE NOVEMBRO. TEATRO EN ROIS

   

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DOS CONCELLOS DE DODRO E ROIS

Xoves, 17 Novembro 2016 19:26

Existe unha certeza dentro da comunidade científica sobre a existencia dunha modificación nos patróns “normais” do comportamento da atmosfera. Esta preocupación está avalada por diversos proxectos e programas que investigan sobre a evolución futura de determinadas variables meteorolóxicas e cómo afectarán estas modificacións na sociedade.

A nivel mundial, o IPCC (Panel Intergubernamental ante o Cambio Climático), dispón de estudos nesta orde, o MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente) pola súa banda tamén dispón dunha avaliación dos escenarios futuros das variables climáticas, temperatura e precipitación.

Ler máis: ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DOS CONCELLOS DE DODRO E ROIS

   

Irmandade entre os municipios de Pásztó (Hungría) e Rois

Martes, 15 Novembro 2016 17:22

O 23 de outubro de 2016 tivo lugar a sinatura da irmandade entre os municipios de Pásztó, en Hungría, e Rois. Esta acción encádrase no proxecto europeo “Multicultural Society and Integration Policies in Europe” que forma parte do programa “Europe for Citizens”.

Ler máis: Irmandade entre os municipios de Pásztó (Hungría) e Rois

   

Páxina 3 de 33