20190916 Actividades portada Web

O Concello de Rois mantén aberto ata o 25 de setembro o prazo de inscrición para un amplo e variado programa de actividades deportivas e culturais, dirixidas tanto a maiores como aos máis novos. As persoas interesadas deberán anotarse nas oficinas municipais ou no multiúsos antes do día 25, pois as clases comezarán no mes de outubro, unha vez que se conformen os grupos. A maioría das actividades impartiranse en Rois e Urdilde; e noutros casos eran en diferentes locais sociais ou veciñais.

Actividades deportivas e cursos para adultos

As actividades deportivas para adultos inclúen zumba (40 €/curso), pilates (60 €), ximnasia de mantemento para maiores de 55 (40 €), acondicionamento físico (40 €) ou baile latino (30 € trimestrais).

As persoas que opten por zumba e pilates pagarán só 65 € por todo o curso, e aquelas que escollan ximnasia para maiores de 55, pilates e aeróbic, pagarán 95 euros o curso completo.

Para as persoas maiores tamén se ofrecen diferentes cursos de formación (informática, pandeireta, cesteria, ec) e talleres de memoria

Escolas deportivas municipais para escolares

A oferta deportiva para os máis novos do municipio inclúe fútbol sala, para nenos e nenas de 5 a 16 anos (50€ curso); patinaxe artísticas (4 a 16 anos, 50€), Bádminton (5 a 16 anos, 50 €), judo (3 a 16 anos, 70 €), iniciación multideportiva (3 a 5 anos, 40 €), ximnasia rítmica, xadrez, baloncesto e tenis (todas elas a 50 € curso).

Os nenos e nenas que se matriculen en dúas actividades terán un 25% de desconto na matrícula da segunda actividades. No caso de varios irmáns, haberá un 50% de desconto par ao segundo e sucesivos irmáns ou irmás que se matriculen nas escolas deportivas municipais.

Outras actividades

Ademais, dende o concello están programadas outras moitas actividades, como o XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas, do 1 ao 15 de novembro, ou excursións á Mariña lucense (o 28 de setembro) e ao San Froilán de Lugo (5 outubro).

Camilo Seira ofrecerá un taller deartes plásticas e creativas; e haberá tamén outro sobre deseño de videoxogos; clases de teatro co grupo municipal Vacalouras, ou clases de costura creativa (as tres a 30 €/trimestre).

Oferta cultural

No eido cultural e formativo, dende o Concello de Rois ofrécense este ano de novo clases de inglés para maiores de 3 anos (30 €/mensuais); grupos de animación á lectura (30 €/curso) e o contacontos Arro-Rois para familias con crianzas de 0 a 3 anos.

O programa Ler Conta Moito levará a biblioteca municipal o 23 de outubro a obra À árbore calada’, de Iolanda Eiras e Camilo Seira.  En outubro celebrarase a segunda edición da Motra de Teatro de Rois coa representación das obras ‘Fillos do sol’ (venres, día 18); ‘Vida de Cans’ (sábado, 19) e ‘Carapuchiña vermella’ (domingo, 20).

Escola de Música de Rois

A Escola Municipal de Música de Rois tamén ten aberto o prazo de matrícula. Este ano ofrece os seguintes instrumentos: guitarra, acordeón, trompeta, saxofón, clarinete, batería, piano, violín, frauta, fagot, óboe, tuba, contrabaixo, trombón e combo...

O programa completo pódese consultar no documento adxunto, e descargar as fichas de inscricións.

 20190914 ALI8638

Máis de 140 persoas percorreron onte o municipio de Rois participando no Día da Bicicleta, que rematou co sorteo de numerosos agasallos e co espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona. José Manuel Cerneira Santiago, de 70 anos e veciño de Rois, foi o máis veterano da proba, mentres que o máis novo que fixo o percorrido pedaleando foi Juan Vigo Lapido, de 4 anos, tamén veciño de. Rois. Houbo tamén 11 participantes menores de 3 anos que ían en portabebés ou en remolques, de entre eles, Lola Rodríguez Osorio, que cumpriu un ano en xuño, foi a máis nova. Para os tres houbu un agasallo especial.

Os demáis deportistas participaron no sorteo de numerosos agasallos donados polas casas colaboradoras como Gadis, Pedra Santa, Froiz o Ciclo Sport Blanco Villar. Unha bicicleta de montaña e unha cea para dúas persoas do restaurante Pedra Santa foron os máis apreciados polos participantes.

Na tarde de hoxe, os participantes percorreron 20 km polo municipio de Rois, saíndo da casa do concello e pasando por Antequeira, A Pontenova, A Meana, Seaxe, Tourís, Francelos, O Sisto, A gandariña, Angueira de Castro, en cuxa área recreativa puideron repoñer forzas nun posto de avituallamento. Despois continuaron por O Sisto, Francelos, Tourís, Seaxe, A Mena, Lamego, praia fluvial, Seira, Oín e Antequeira, para rematar diante da casa do concello, onde se sortearon os agasallos.

O rematar a parte deportiva, Uxía Lambona e A Banda Molona foron os encargados de amenizar a tarde cun concerto musical que fixo as ledicias, sobre todo, da cativada.

Album de fotos no Facebook do Concello de Rois (preme aquí)

 20190914 Entrega Premios Dia BIcicleta Rois 20194

Cartel cultura no CamiñoO Concello de Rois aposta unha vez máis polos espectáculos para toda a familia e organiza o programa “Cultura no Camiño”, que acollerá actuacións musicais e de maxia durante o mes de setembro. Magín Blanco e a Banda das Apertas, Uxía Lambona e a Banda Molona e  Cayetano Lledó serán os encargados de animar os días 13, 14 e 27 deste mes no Edificio multiúsos de Rois e nas inmediacións da Casa do Concello.

Rois organiza tres xornadas culturais baixo o programa “Cultura no Camiño”, que acollerá en primeiro lugar o espectáculo musical para toda a familia de Magín Blanco e a Banda das Apertas o vindeiro venres 13 de setembro a partir das 18.00 horas no Edificio multiúsos do municipio. Uxía Lambona e a Banda Molona chegarán ao concello o día seguinte (sábado 14 de setembro) para animar as inmediacións da Casa do Concello coa súa música ás 20.00 horas.  O broche final virá da man de Cayetano Lledó e o seu espectáculo de maxia “Lafayette Show”, que se celebrará o 27 de setembro ás 18.00 horas, tamén no Edificio multiúsos.

Toda a veciñanza da contorna está convidada a participar nestas actividades gratuítas e pensadas para que todos os membros da familia se divirtan.

Cartel Excursións setembro enteroO Concello de Rois organiza dúas excursións para todos os veciños e veciñas que queiran coñecer a Mariña Lucense e as Festas do San Froilán de Lugo o 28 de setembro e o 5 de outubro respectivamente. A primeira actividade inclúe visitas á Praia das Catedrais e a Viveiro e un roteiro por Fuciño do Porco. A segunda consistirá en amosar aos participantes todos segredos desta festa de interese turístico galego. As inscricións faranse na Casa do Concello, no Edificio multiúsos e na Oficina municipal de Urdilde por 30€ os maiores de 12 anos e 15 os menores desa idade.

O 28 de setembro o Concello de Rois ten preparada unha excursión á Mariña Lucense, na que os participantes visitarán a Praia das Catedrais (Ribadeo) e farán un roteiro en Fuciño de Porco (O Vicedo). A camiñada farase por un percorrido plano de 1,3 quilómetros de pasarelas de madeiras, non apto para persoas con movilidade reducida e vertixe. No caso de non querer facelo, existe a opción de pasear pola vila de Viveiro. A excurisón á Festa do san Froilán de Lugo será o 5 de outubro, para que os veciños e veciñas que o desexen gocen desta celebración de interese turístico galego.

As inscricións faranse na Casa do Concello, no Edificio multiúsos e na Oficina municipal de Urdilde por 30€ os maiores de 12 anos e 15 os menores desa idade. No caso da visita á Mariña Lucense, o prezo inclúe visitas, xantar seguro e autobús e o prazo de inscrición remata o 23 de setembro. No do San Froilán, só inclúe xantar, seguro e autobús e o último día para anotarse e o 30 de setembro. No momento de apuntarse hai que presentar o xustificante de pagamento. O ingreso debe facerse nunha das contas do Concello:

ABANCA: ES87 2080 0328 9831 1000 0033

BANCO POPULAR (PASTOR): ES78 0238 8229 7006 6000 0271