20191008 Excursion Mariña LucenseAs dúas excursións organizadas polo Concello de Rois foron un éxito. Decenas de veciños e veciñas non quixeron perder a oportunidade de gozar de dúas xornadas diferentes e moi divertidas visitando dous lugares emblemáticos de Galicia como a Mariña Lucense e a cidade de Lugo.

O pasado 28 de setembro 50 veciños e veciñas de Rois puxeron rumbo á Mariña Lucense, onde descubriron os encantos da fermosa Praia das Catedais en Ribadeo, coñeceron un pouco máis a vila de Viveiro e pasearon polos 1,3 quilómetros de pasarelas de madeira que percorren a Punta de Fuciño de Porco en O Vicedo.

Mais coa chegada do mes de outubro as festas do San Froilán de Lugo tamén deron comezo, polo que decenas de roisenses quixeron ser testigos, este pasado sábado 5 de outubro, de todos os segredos desta troula de interese turístico galego e que destaca por ser unha das máis grandes da capital lucense.