20191017 Cartel Curso Fitosanitarios RecortadoO Concello de Rois organiza un curso de fitosanitarios de nivel básico e cualificado para colectivos vinculados co ámbito agrario, en risco de exclusión social e mulleres. A modalidade da actividade formativa será semipresencial e contará con 25 horas para o nivel básico e 60 para o cualificado. A inscrición farase de balde no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro.

O curso de fitosanitarios está dirixido de forma prioritaria a persoas produtoras primarias e titulares de explotacións; persoal de empresas agrarias, alimentarias e entidades agrarias; persoas con expectativas de incorporación; persoas con situación acreditada de estar en risco de probreza ou exclusión social e mulleres e agricultores e agricultoras mozas.

A formación estará diferenciada segundo o nivel, de forma que o básico contará con 25 horas semipresenciais repartidas en 16 horas online e 9 presenciais, mentres que o cualificado terá unha duración de 60 horas (42 online e 16 presenciais). Para obter o carné, os interesados deberán realizar un exame presencial, dependente da Consellería do Medio Rural, ao finalizar a formación. Será requisito indispensable cumprir as esixencias da formación en liña para acceder a este exame e por conseguinte á obtención do carné de Fitorsanitarios.

As prazas do curso formativo son limitadas e a inscrición farase de balde no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro. Para máis información, poñerse en contacto co 981 816 061.

20191017 Cartel Curso Sede Electronica O Concello de Rois prepara un curso formativo sobre a Sede Electrónica municipal o vindeiro xoves 7 de novembro, na aula de informática do edificio multiusos. A actividade ensinará aos participantes a facer todos os trámites e xestións relacionados co Concello de forma telemática sen colas, nin horarios, dende o dispositivo móbil, tablet ou otrdenador. O prazo de inscrición remata o luns 4 de novembro e haberá prazas limitadas.

Rois acolle o vindeiro xoves 7 de novembro, de 10.00 a 14.00 horas, un curso formativo sobre a sede electrónica do Concello, na aula de informática do edificio multiusos. Nesa páxina web todos os veciños e veciñas poderán consultar todo tipo de información relacionada con solicitudes, servizos sociais, actividades, subvencións, urbanismo, emprego público e moitos máis ámbitos das competencias municipais, ademais de tramitar calquera xestión.

Todos os interesados en aprender un novo xeito de facer trámites sen ter que ir presencialmente á Casa Consistorial, a través do seu dispositivo móbil, tablet ou ordenador, deberán inscribirse no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro.

As prazas son limitadas. Para máis información: 981 816 061.

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral e convocatoria das Eleccións as Cortes Xerais que se van a ter lugar o vindeiro 10 de novembro de 2019, ponse en coñecemento da veciñanza que:
O Censo Electoral estará exposto ao público entre os días 30 de setembro e 7 de outubro de 2019 (ámbolos dous incluídos).
Nas oficinas municipais, en horas de 9.00 a 14.00 horas pódense presentar reclamacións ao Censo Electoral dentro do prazo indicado, podendo facer ademais as consultas oportunas.
Para realizar estas xestións debe acudir a persoa interesada con DNI, Pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular
Teléfonos de consulta Censo Electoral: 981 217 439, 981 217 426 e 901 101 900.
Horario de atención ao público da Oficina do Censo Electoral é o seguinte: de luns a sábado de 09.00 a 14.00 horas e o último día, 7 de outubro de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

20191008 Excursion Mariña LucenseAs dúas excursións organizadas polo Concello de Rois foron un éxito. Decenas de veciños e veciñas non quixeron perder a oportunidade de gozar de dúas xornadas diferentes e moi divertidas visitando dous lugares emblemáticos de Galicia como a Mariña Lucense e a cidade de Lugo.

O pasado 28 de setembro 50 veciños e veciñas de Rois puxeron rumbo á Mariña Lucense, onde descubriron os encantos da fermosa Praia das Catedais en Ribadeo, coñeceron un pouco máis a vila de Viveiro e pasearon polos 1,3 quilómetros de pasarelas de madeira que percorren a Punta de Fuciño de Porco en O Vicedo.

Mais coa chegada do mes de outubro as festas do San Froilán de Lugo tamén deron comezo, polo que decenas de roisenses quixeron ser testigos, este pasado sábado 5 de outubro, de todos os segredos desta troula de interese turístico galego e que destaca por ser unha das máis grandes da capital lucense.

A Biblioteca Municipal de Rois ultima os trámites para adherirse ao sistema de xestión KOHA da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Despois de permanecer pechada durante a segunda quincena de agosto, o proceso de  instalación do novo sistema está chegando ao seu fin co obxectivo de permitir, entre outras cousas, a creación dun catálogo único e a unificación dos carnés de socios e socias, que comezarán a ser válidos en toda a Rede.

Rois entra na terceira fase de migración do anterior sistema Meiga, usado ata o de agora, ao KOHA. Isto posibilitará a integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia, coa creación dun catálogo único e a unificación do traballo do persoal técnico das bibliotecas. Outra das novidades que trae consigo a instalación deste novo sistema é a creación dun carné único para todas as usuarias e usuarios das bibliotecas, puidendo acceder aos servizos de todas as integradas na Rede. As socias e socios deberán pasar no mes de setembro e outubro a recoller o seu novo carné de biblioteca.

Grazas a isto os usuarios e usuarias poderán dispoñer dun fondo documental de 900.000 títulos con máis de 2.900.000 exemplares. Outra ventaxa será a posibilidade de levar a cabo calquera trámite, incluso a renovación de préstamos, desde calquera centro integrado na rede.

A responsable da biblioteca está xa a formarse na xestión e emprego do novo sistema, proceso que levará un tempo en executarse e que suporá un cambio na calidade do servizo. Por este motivo, a biblioteca pechará ao público na segunda quincena de agosto para poñer a punto a biblioteca.