20200626 Piscina SenraO Concello de Rois pechará a temporada de baño na piscina de Senra o vindeiro domingo, 30 de agosto. Esta instalación municipal, operativa neste ano 2020 dende o sábado 27 de xuño, abriu todos os días da semana de 16.00 a 21.00 h, en xullo; e de 16.00 a 20.30 h, en agosto.

Para garantir as medidas sanitarias e de seguridade impostas pola pandemia da covid-19, a piscina de Senra contou durante toda a temporada de verán cun aforo máximo de 117 persoas. Ademais, delimitáronse diferentes zonas para tomar o sol co obxecto de respectar a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros entre usuarios.