20191105 Xuventude en accionO Concello de Rois puxo en marcha o Obradoiro de Emprego “Xuventude en Acción 2019" conveniado xunto cos concellos de Padrón e Dodro, para a formación de 10 alumnos/as traballadores/as menores de 30 anos, na especialidade de Confección e publicación de páxinas web segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Para o desenvolvemento de dito proxecto foi necesaria a contratación do equipo directivo docente e de apoio correspondente e tamén do alumnado-traballador beneficiario. O proceso selectivo pode consultarse na páxina web do Concello de Rois.

A duración do obradoiro de Emprego “Xuventude en Acción 2019 (Dodro, Padrón, Rois)" será de 6 meses e permitirá que o alumnado-traballador desempregado se forme nun oficio mentres realizan tarefas de interese xeral e social, que xunto coa formación profesional para o emprego, procure a sua cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Os participantes recibirán un Certificado de Profesionalidade con validez en todo o Estado e levarán a cabo o proxecto de  construción da páxina web “Coñece Terras de Iria” e o Portal de emprego Terras de Iria.

Os obradoiros de emprego, que empezaron a partir do 30 de setembro deste ano, forman parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral como panda de cambio. Permite, ademais, actualizar a formación para o emprego nun contexto de aparición de novas ocupacións e transformación e desaparición doutras.

Este Obradoiro de emprego foi cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 20190827 FSE CONSELLERIA GALICIA