20190607 Campamento veran webOs concellos de Rois, Padrón e Dodro organizan un campamento de verán para nenos e nenas de 12 a 17 anos no campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son) do 2 ao 11 de agosto. Os concellos de Terras de Iria decidiron este ano unificar a oferta para que 8 nenos e nenas de cada municipio poidan gozar dunha semana de lecer nestas instalacións, nunha iniciativa que se realiza a través da oferta concertada da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Aquelas familias que desexen inscribir aos seus fillos e fillas neste campamento deberán facelo antes do vindeiro venres 21 de xuño. O prezo do campamento é de 180 euros e inclúe pensión completa, con pernocta.

As inscricións deberán facerse en cada un dos concellos. No caso de Rois será no edificio multiúsos, chamando ao teléfono 981 816 061 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.