20190429 CARTEL II ANDAINA S. ISIDRO 2019O Concello de Rois organiza o vindeiro sábado 18 de maio a II Andaina do San Isidro. Esta ruta, de 17 quilómetros e de dificultade baixa, levará aos participantes dende o Xardín do Recordo (O Faramello), ata o Campo da Festa de Rois (Igrexa de San Mamede). As inscricións faranse de balde entre os días 2 e 16 de maio chamando por teléfono, ou enviando un correo electrónico.  

O vindeiro sábado 18 de maio a veciñanza do concello de Rois está convidada a participar na II Andaina do San Isidro. A ruta marcada percorre 17 quilómetros de dificultade baixa, que unen o Xardín do Recordo (O Faramello), co Campo da Festa de Rois (Igrexa de San Mamede).

Antes de emprender a andaina, os participantes terán que recoller os seus dorsais no Campo da Festa de Rois a partir das 8.15 horas do sábado. Unha vez feito o reparto, un autobús trasladará ás 9.00 horas a todos os participantes ata o Xardín do Recordo, onde emprenderán o camiño ás 9.30 horas. A Praia Fluvial de Seira será o punto de avituallamento. Ao redor das 13.30 horas farase un sorteo entre os participantes, no que se repartirán 3 abonos de 75, 50 e 24 euros para Revolutrion, unha tenda de deportes ribeirense.

As inscricións poden facerse de balde chamando ao teléfono 981 80 41 09, ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., entre os días 2 e 16 de maio.