20190403 Cartel Teatro FidalgoA obra de teatro en verso O Fidalgo, escrita por Xesús San Luís Romero, chega a Rois da man do Grupo de Teatro da Maía de Ames. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores e labradoras da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura.

Como informa o reparto, trátase dunha peza de gran dificultade debido ao amplo número de personaxes que interveñen na acción (actúan máis de quince persoas) e á súa condición de teatro en verso.   

A representación terá lugar o sábado 13 de abril ás 8 da tarde no auditorio municipal de Rois.