20190313 VoluntariadoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019. Entre os lugares nos que se levarán as accións atópanse as Illas Cíes, as Fragas do Eume, as Illas de Ons, o Parque Natural dos Ancares e o Complexo dunar de Corrubedo, entre outros.

Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 30 anos 
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Inscricións: www.xuventude.xunta.es

Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Páxina web: www.xuventude.xunta.es