Obradoiro Xuventude AccionO Concello de Rois xunto co Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil (Xuventude en Acción 2018 Dodro, Padrón e Rois) organizan unha visita guiada o vindeiro venres 8 de marzo. A “Ruta Literaria” será gratuíta e visitará a Casa-Museo Fundación Rosalía de Castro, o Xardín Botánico-Artístico de Padrón e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

Aproveitando que este ano 2019 conmemórase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o 8 de marzo é o día Internacional da Muller, a ruta visitará a Casa-Museo Fundación Rosalía de Castro. O Xardín Botánico-Artístico de Padrón e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela serán outras das paradas da excursión. O alumnado/traballador fará unha explicación de cada lugar visitado.

A ruta durará aproximadamente 3 horas e farase en autobús dende o Edificio Multiusos do Concello de Rois, que sairá ás 9:00 Horas da mañá. visitando e realizando unha explicación polo alumnado/traballador de cada lugar e será gratuíta para as persoas que queiran participar. As persoas interesadas  deberán anotarse chamando ó teléfono 981 816 061 (preguntar polo Obradoiro de Emprego) e as prazas reservarase por rigorosa orde de inscrición.