20181010 Obradoiro Galiña CartelA actividade creativa A galiña dos ovos de conto chega a Rois o vindeiro mércores 17 de outubro ás 18.00 h. Trátase dunha narración oral e obradoiro de plástica a cargo de Electra Menéndez Muñoz, dirixida a nen@ desde os 5 anos.

A sesión celebrarase na biblioteca municipal e terá unha duración aproximada de 75 minutos. Durante este tempo, os participantes elaborarán bonecos dos personaxes dos contos que inventarán coa axuda da galiña Rosiña. Porque, "coma todas as galiñas do mundo, Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto".

Para participar nesta actividade é preciso anotarse antes do luns 15 de outubro enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o nome e apelidos do menor que vai asistir e a súa idade.

A galiña dos ovos de conto forma parte do programa de dinamización da lectura Ler conta moito, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura en colaboración cos concellos.