Faise pública a listaxe definitiva de admitidos no proceso de contratación de persoal laboral temporal para os postos dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

Deste xeito, o tribunal cualificador convoca ás persoas admitidas no proceso o día 18 de xullo de 2019 ás 16.30 horas no salón de sesións do Concello apra levar a cabo a fase de entrevista.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

10 de xullo de 2019

Faise pública a corrección da listaxe de candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación de personal laboral para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. 

A listaxe pódese consultar no documento adxunto

 

9 de xullo de 2019

Faise público a listaxe de candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación de personal laboral para a creación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. 

A listaxe pódese consultar no documento adxunto

 

27 de xuño de 2019

Fanse públicas as bases para a contratación de persoal laboral temporal para os postos dun xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.