Martes, 17 de xullo de 2019

Faise pública a listaxe definitiva dos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. Deste xeito, o tribunal cualificador convoca ás persoas admitidas no proceso o día 18 de xullo de 2019 ás 16.00 horas no salón de sesións do Concello apra levar a cabo a fase de entrevista.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 10 de xullo de 2019

Faixe pública a listaxe cos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

Xoves, 27 de xuño de 2019

Fanse públicas as bases da convocatoria para  a contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.