Alumnado da Escola Municipal de Música de Rois, da Escola Comprensiva Franca Ongaro e do Liceo Musical de Venecia ofreceron un concerto no pazo do Faramello, dentro dos actos do intercambio cultural e musical que promove e financia o Concello de Rois cos dous centros de Venecia. Tras o concerto, alumnado, profesorado e familiares participaron nunha cea multicultural.