FUNDAMENTACIÓN
As bases que fundamentan o deseño e a planificación dun Plan Integral para o desenvolvemento da Información Xuvenil, radican na necesidade de promove-lo desenvolvemento holístico e integral a través da participación social para a mellora da calidade de vida e benestar social dos nosos xóvenes. Impulsar o desenvolvemento da xuventude municipal desde, en e para Rois.
OBXETIVOS
Xerais:
· Dar a coñecer a OMIX e fomentar o seu uso.
· Ser receptor das demandas dos xóvenes.
· Facer da Oficina un punto de encontro para os xóvenes do Concello.
· Promover o asociacionismo, fomentar a participación e implicación social.
· Crear as condicións necesarias para formar en valores .
· Promover un uso equilibrado e coordinado dos recursos existentes.
· Coordinar as actividades da Oficina coas que se leven a cabo dende as diferentes asociacións do Concello e outros organismos, entidades, co fin de propiciar unha actuación integral, unificada sen duplicidades e permanente.
· Potenciar na mocidade a toma de conciencia sobre os propios problemas e necesidades, para que participen e sexan protagonistas na búsqueda de solucións concretas ás súas demandas.
· Favorecer a autonomía persoal, a emancipación e a incorporación á vida adulta da mocidade.
· Ofrecer un servizo de información e asesoramento cercano e personalizado á mocidade en todos aqueles temas que lles afecten na vida cotiá (emprego, educación, vivenda, saúde...)
· Canalizar e potenciar as inquietudes da mocidade nas súas diversas manifestacións (artística, asociativa, cultural...)
· Facilitar a igualdade de oportunidades entre os e as xóvenes no acceso á información e ós recursos concedendo especial atención ós desfavorecidos/as.
A partir destes obxetivos especifícanse os seguintes:
Específicos:
· Fomentar o respeto pola propia saúde e educar en hábitos saudables.
· Ofertar á mocidade un programa de formación e ocupación de seu tempo libre que atenda unha demanda de formación non reglada oficialmente.
· Motivar para a creación de novas asociacións xuvenís, apoiar ás existentes e conseguir unha mayor participación social.
· Introducir á mocidade no uso e bo aproveitamento das novas tecnoloxías, fonte inagotable de recursos.
· Achegar á mocidade a cultura doutras etnias ou colectivos para fomentar o interese e a reflexión necesarios para respectar os costumes e modos de vida diferentes ós propios.
· Promover a formación contínua, en base ós principios da educación permanente e dando resposta á demanda do mercado de traballo.
· Ofrecer unha serie de propostas que creen unha alternativa cultural de ocio.
· Motivar o respeto e coidado do medioambiente natural.