20190313 VoluntariadoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019. Entre os lugares nos que se levarán as accións atópanse as Illas Cíes, as Fragas do Eume, as Illas de Ons, o Parque Natural dos Ancares e o Complexo dunar de Corrubedo, entre outros.

Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 30 anos 
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Inscricións: www.xuventude.xunta.es

Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Páxina web: www.xuventude.xunta.es

20190312 Excursion Londres LoughboroughOs Concellos de Rois e Padrón programan unha viaxe a Inglaterra durante os días 10 e 24 de xullo, co propósito de que serva de experiencia cultural e de inmersión lingüística para as nenas e nenos de 10 a 17 anos. A cidade escollida para esta experiencia é Loughborough. A viaxe inclúe voos de ida e volta, seguro multiasistencial e aloxamiento en residencia.

Esta cidade atópase no leste de Midlands de Inglaterra. Atópase a 20 minutos das tres famosas cidades de Leicester,  Nottingham e Derby. É unha agradable urbe de mercado rodeada polos fermosos outeiros de  Soar  Valley e  Charnwood  Forest. Está ben comunicada polas principais rutas de estradas e ferrocarrís, e hai moitas zonas verdes e parques cunha mestura de edificios modernos e  victorianos.  Loughborough está a 160 km ao noroeste de Londres e ten unha estación de tren con trens directos aos destinos turísticos de  Birmingham e  Robin  Hood  Sherwood  Forest (25 minutos de viaxe). O centro da cidade é un atractivo destino de lecer e entretemento.

A escola na que estudiarán os participantes atópase na Universidade de Loughborough, o campus máis grande do Reino Unido. O campus aseméllase a un pobo pequeno e é famoso pola súa clase, vida e especialmente polas súas instalacións deportivas, incluída unha piscina olímpica. Ofrece unha gran cantidade de espazos abertos, xardíns e áreas deportivas combinadas con edificios académicos e aloxamento para estudantes. Este é un ambiente universitario independente con restaurantes e tendas no lugar. A universidade ofrece aos estudantes unha vida segura e a aprendizaxe. A cidade está a só 15 minutos a pé do campus e tamén se pode acceder facilmente en autobús.

Os estudantes aloxaranse nuns confortables cuartos individuais ou dobres con baño compartido, con todas as comodidades que a residencia lles facilitará.

As actividades que realizarán inclúen unha fin de semana en Londres (2 días, 1 noite; cruceiro polo río e unha comida no  Planet Hollywood ou  Hard Rock Café incluído, traslados desde / cara a Londres a un hotel en autocar privado), unha excursión de día completo a Cambridge e a  Kings  College e unha excursión de día completo a York e ao Museo Viquingo.

A estancia inclúe voos ida e volta con transfer incluído desde A Coruña. Seguro multiasistencia, de saúdo e responsabilidad civil. Aloxamento en residencia.

O Precio total é de 1.910€

20190308 Cartel Dia mullerO Concello de Rois conmemora hoxe o Día Internacional da Muller coa celebración de diferentes actos. Nun primeiro lugar, ás 19.30 horas, toda a veciñanza do municipio está convidada a acudir ao Auditorio Municipal para apoiar e presenciar  a lectura do manifesto a prol da igualdade. Unha vez rematada esta primeira acción, procederase a repartir os premios aos gañadores do concurso de carteis que se organizou con motivo desta conmemoración.

Neste certame recadaronse un total de 50 debuxos feitos polo alumnado de entre 0 e 16 anos dos centros educativos do Concello de Rois. Os gañadores das nove categorías foron  Brais Ínsua, familias da Galiña Azul, Marina Vidal, alumnado de 5º de educación infantil do CPI dos Dices-Rois, Iara Rodríguez, Iker Pombo, Celtia Ínsua, Lidia Núñez, Julia Carnota, Mariña e Adrián Castro, Breixo Rey, Carmen Romarís, Carmen Vidal e Ana Bustelo. Cada un deles recibirá como recordo un diploma, un agasallo sorpresa e libros. Ao resto entregaráselles tamén un recordo.

20190312 Ruta LiterariaO pasado venres, 8 de marzo, o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción de Rois, Padrón e Dodro organizou unha "Ruta Literaria", na que o alumnado do curso de Promoción turística local e información ao visitante puxo en práctica os coñecementos adquiridos. Ademais, a ruta conmemorou o 182 aniversario de Rosalía de Castro e o Día Internacional da Muller.

Os lugares visitados foron a Casa -Museo Fundación Rosalía de Castro, Xardín Botánico-Artístico de Padrón e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

20190307 curso intensivo inglesGet Brit e o Concello de Rois organizan un curso específico de inglés para a preparación do exame de certificación dos niveis B1, ou B2. A través dun único pago de  150 euros, o alumnado recibirá 2 horas de formación intensiva á semana (de marzo a xuño). Unha vez finalizado, poderá presentarse ao exame de certificación Oficial.

Para máis información, chama ao 981 940 074, envía un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou visita www.getbrit.es.

Aprender idiomas levarache moi lonxe,apúntante!